O proxecto foi redactado en agosto do ano pasado e está previsto que se execute con carácter inminente, agora que xa foi aprobada a liquidación
Tal e como se recolle no proxecto que foi redactado en agosto do ano pasado, o novo ascensor eléctrico –cuxa instalación non é obrigatoria pero si que é necesaria- estará situado no exterior, no centro da fachada leste do edificio; ao final do corredor dos pisos superiores, destinados a residencia, afectando o menos posible á distribución interna do edificio.
Este elevador, supón un orzamento que supera os 162.000 euros procedentes do remanente de tesourería das arcas municipais, e está previsto que se execute con carácter inminente, agora que xa foi aprobada a liquidación do orzamento, trámite necesario para poder acceder ao remanente de tesourería.