Esta é xa a sexta edición que organiza este colectivo que contou este ano coa participación de 32 parellas que competiron dende ás 17.00h ata as 05.00 h do domingo, xogándose unha final e dúas repescas.
A clasificación foi do seguinte xeito:
Na segunda repesca: segundo e primer premio para as parellas formadas por Juancio e Manolo e Felipe e Carambolo, ambas de Xove.
Na primeira repesca: segundo premio para Jaime e Torné, de Viveiro, e primeiro premio para Pablo e Jose, de Foz.
Na final: terceiro e cuarto premio para as parellas formadas por Zorollo e Méndez, de Burela, e Moncho e Jesús, de Viveiro; segundo premio para Emilio e Pacolo, de Viveiro, e primeiro premio para Adrián e Javier, de San Cibrao.
Agradecemos a participación de toda as parellas que se anotaron e agardamos poder contar con todas elas en vindeiras edicións!!.
O noso agradecemento tamén a todas as persoas que colaboraron coa Xunta Directiva desta asociación na organización desta actividade, e moi especialmente, ao Concello de Cervo pola súa colaboración e pola boa disposición que mostra sempre con esta asociación.