Tras unha primeira parte moi completa, cunha remontada de tres goles do equipo local, o Burela lévase os 3 puntos nun encontro con moitos goles e moita emoción
Burela, 1 de abril, 2023. Ás 19.30 desta tarde no Polideportivo Los Cantos de Alcorcón tivo lugar o encontro da xornada 23 de Primeira Federación de Futsal Feminino, A.D. Alcorcón FSF – Pescados Rubén Burela FS. Cunha primeira parte que ben puido ser un partido enteiro, cun resultado 3-3 no descanso, comeza presionando o Alcorcón os primeiros 3 minutos ata que se produce o primeiro cambio laranxa e saen Peque, Dany e Emilly, que tras unha boa triangulación entre as tres conseguen da man de Dany o primeiro gol do encontro. Tras uns minutos de dominio do Pescados Rubén, Clau López ten unha boa dobre oportunidade que vai ao pau e que remata parando Jozi Oliveira, que fixo unha boísima primeira parte. Dúas oportunidades máis para o Burela, unha de Irene Samper no minuto 8 que detén Estela e un mísil de Emilly directo a fóra da portería no 11, chega o segundo gol, similar ao primeiro, pero esta vez tira a porta a capitá, Peque. Segundos despois, de novo Peque, centra desde a banda buscando o remate de Dany que termina realizando a xogadora do Alcorcón Tania Benito e metendo o terceiro gol para o equipo mariñán en propia porta. Cun resultado 0-3 para o equipo burelense no minuto 14 comeza a remontar o equipo local e tras un roubo a media pista, Marta Nuño mete o 1-3 tras un pase de Albita. No mesmo minuto pitan a 6ª falta ao conxunto laranxa, o que será a súa perdición na primeira metade, tras o dobre penalti Carmen Alonso anota o 2-3 tras un rexeite e tras varios minutos de presión do equipo madrileño chega a 7ª falta do Burela e outro dobre penalti que acaba da mesma maneira que o anterior, en gol, esta vez de Tania Benito. Chega o descanso con 3-3 no marcador.
Na segunda parte saen Irene, Patricia, Cilene, Antía e Caridad na portería. Durante os primeiros minutos con oportunidades para ambos os equipos que tentan romper o empate e gañar algo de tranquilidade. No minuto 24 tras un bo contraataque do Burela, Dany case consegue o cuarto gol, minutos despois intentao Emilly pero non chega o desempate. Tras uns minutos de presión chega o desempate por parte de Emilly cun tiro directo desde os 10m e dous minutos despois, no 27 o 3-5 tras un tiro de Dany despois dunha boa asistencia de Peque. No min.29 chega o 4-5 cun tiro directo de falta que dispara Clau López. No minuto 32 de novo Peque mete o 6-4 despois dun saque de banda. Comeza a atacar o Alcorcón con porteira-xogadora pero o Burela mantén a defensa con firmeza, cun moi bo papel de Caridad que fai varios paradóns durante toda a segunda parte. Chega a quinta falta, esta vez para o equipo madrileño, no minuto 35 e tras un boísimo contraataque do equipo mariñán chega a sexta falta do Alcorcón e un dobre penalti que lanza Emilly e para con gran habilidade a porteira Estela García. Volve presionar con xogo de 5, con Nere Moldes, o Alcorcón a 2 minutos para o final, pero non consegue atopar o gol e remata o encontro 4-6 no marcador.
O equipo oleiro levaba sen perder 10 xornadas de Liga, a última vez contra o Atlético Navalcarnero, pero hoxe rompeu os seus números ante un Pescados Rubén moi difícil de superar, pero mostrando moito nivel e ambición por parte de todas as xogadoras. Hoxe ambos os equipos xogaron un partidazo con moitos goles e moita emoción desde o principio ata o final.
Julio Delgado móstrase moi contento coas súas xogadoras a pesar de confiarse lixeiramente na primeira parte ao verse 0-3 no minuto 13, o que custou a remontada do equipo local que non deixa pasar ningunha oportunidade. Pero móstrase satisfeito coa moi boa defensa durante a segunda parte e as moitas oportunidades que xeraron durante todo o encontro. Despois da derrota do Futsi contra o Torreblanca 3-2 e a vitoria do Poio contra o Raio 1-4, o equipo mariñán vólvese con importantes 3 puntos que o manteñen entre os 4 primeiros postos da táboa afastándose cada vez máis do 5º lugar e achegándose ao primeiro.
Ficha Técnica A.D. Alcorcón FSF – Pescados Rubén Burela FS
A.D. Alcorcón FSF: Estela (P), Aida de Miguel (C), Laura, Nere Moldes, Albita – cinco inicial -, Tania Benito, Clau López, Iraia, Paula Llorente, Laura Oliva, Marta Nuño, C. Alonso, Patri Arruti (P).
Pescados Rubén Burela FS: Jozi (P), Dany, Cilene, Antía, Irene Samper – cinco inicial- Saki, Peque, Jenny, Patricia, Emilly e Caridad (P).
Goles: Min.3 Dany 0-1; min.12 Peque 0-2; min.13 Tania Benito (PP) 0-3; min.14 Marta Nuño 1-3; min.14 Carmen Alonso 2-3; min.18 Tania Benito 3-3; min.25 Emilly 3-4; min.27 Dany 3-5; min.29 Clau López 4-5; min.32 Peque 4-6.
Equipo Arbitral: Jorge González Moreta, Luis M. Sánchez Chamorro, Marta Herández Hernán, Jorge Moreno Durán.