A praza de Lugo presenta na actualidade para os vehículos: un engorroso e confuso zigzag, con cedas e stops pouco claros, dous carrís onde non collen os vehículos en paralelo, un cambio de dirección que non é posible sen atravesar o carril contrario, zonas de embudo e ralentización dos vehículos sen sentido, entre outros.
Para os peóns: un estreito paso no que se teñen que botar á calzada si se cruzan con varias persoas, un paso de peóns que entra no interior da praza sen saída, sinais, maceteiros e papeleiras mal colocadas cortando o paso, innacesiblidade de forma confortable en toda a praza, etc.
Para Míriam Bermúdez a planificación dos espazos como este da praza de Lugo é unha necesidade que só traerá beneficios, entre eles a menor duración de vehículos na calzada, maior seguridade, menor estrés, maior utilidade e uso da praza.
No BNG estamos seguros de que Viveiro merece planificación, Viverio merece que sexa deseñado e pensado, Viveiro merece máis.”