Site icon Crónica3.com A Mariña

Míriam Bermúdez asegura ir a por todas despois dun acto de presentación ateigado de xente en Viveiro

Viveiro, 29 de abril, 2023. “Alucinante o apoio recibido, ver tanta xente no acto augura uns resultados aplastantes” aseguraba Míriam Bermúdez tras finalizar o acto de presentación organizado polo BNG de Viveiro, quenes aseguran que sacarán adiante o proxecto para modernizar o concello sabendo que sairán elixidos o vindeiro 28M.

O acto contou coa presenza do deputado mariñán, Daniel Castro, quen amosou o compromiso do BNG por unha sanidade pública, pola necesidade dun plan industrial e de comunicar Viveiro co resto do País. Loitas que defendeu no Parlamento Galego, lugar onde o BNG é a segunda forza e subindo de cara a ter a presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións galegas.

“Foron moitos os veciños asistentes, un claro indicador de que se fixeron ben as cousas e de que o noso proxecto encaixa, é o que necesita Viveiro”, en palabras da candidata á alcaldía, Míriam Bermúdez, “no BNG hai constancia e un traballo realizado durante 4 anos.

Míriam Bermúdez presentou un proxecto firme no que ademais da constancia e traballo, destacou iniciativas e proxectos claros para Viveiro con propostas para as parroquias como: mellorar a rede de saneamento, achegar fibra de alta velocidade, dinamizar as antigas escolas, poñer en marcha un Plan de Estradas, sacar adiante un PXOM ben planificado e crear unha Liña de Transporte Público, entre outras.

Míriam tamén salientou a necesidade de humanizar o concello creando espazos para as persoas como peonalizar a Praza de Lugo, retirar o enreixado de Lodeiro a Celeiro habilitando aparcamentos e unha nova zona verde, redactar o 1º Plan de Accesibilidade para Viveiro, introducir os cascos nas zonas REXURBE, mellorar as instalacións infantís ou transformar o Casino nun centro de ocio para a mocidade.

CANDIDATURA:

1. Míriam Bermúdez García, 35 anos, veciña de Verxeles, en Xunqueira. Diplomada en Maxisterio na actualidade exerce como directora do CEIP de Celeiro. Traballadora incansábel e sempre disposta a axudar.

2. Iria Cotelo Cociña, 41 anos, de Celeiro aínda que na actualidade reside en Viveiro. Traballadora de Aspanane e técnico en Coidados auxiliares de enfermería. Actual responsábel local do BNG e delegada sindical pola CIG.

3. Ramón Martínez Castro, 47 anos, na actualidade reside en Covas aínda que a maior parte da súa vida pasouna sendo veciño de Galdo. Técnico en infraestructuras de alta tensión e redes de transporte de enerxía eléctrica, exerce a súa profesión como traballador de Red Eléctrica.

4. Seve Salgueiro Rodríguez, 35 anos, veciño da Pontelabrada, en Viveiro. Enxeñeiro de camiños traballa como autónomo no ensino. Afeccionado ao deporte e gran defensor da conservación da natureza.

5. Santi López Chao, 51 anos, veciño das Pallaregas, en Covas. Capataz Forestal retirado exerco como responsábel de organizacion do BNG de Viveiro. Deportista trasplantado e membro directivo de varias asociacions deportivas.

6. Luís Ramallal Rego, 60 anos, veciño do Paraíso. É mestre no CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo e licenciado en Xeografía e Historia e mais en Psicopedagoxía.

7. María Carballal Febreiro, 22 anos, veciña das Pallaregas, en Covas. É licenciada en Lingua e Literatura galegas, actual estudante do mestrado de Profesorado e responsábel comarcal de Galiza Nova.

8. Carmen Mariño Caneiro, 25 anos, nacida en Valcarría aínda que actualmente é veciña de Magazos. Asesora laboral, é gran coñecedora do mundo rural e a gandeiría en especial.

9. María Simón Cundíns, 23 anos, veciña da Misericordia. Educadora Social, estudante de Mediación Comunicativa e profesional da fotografía.

10. Alejandro Ferro, 42 anos, veciño de Covas. Técnico especialista en delineación industrial, apaixonado do motociclismo, traballa en Alcoa onde forma parte do comité de empresa polo sindicado da CIG.

11. Borja Eijo García, 49 anos, veciño de Covas. Técnico Especialista en Delineación Industrial e Técnico Superior en Navegación, Pesca e Transporte Marítimo. Coñecedor e amante do mar, onde exerce a súa profesión.

12. Claudia Rivera Vázquez, 21 anos, veciña de Galdo. É estudante de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, militante de Galiza Nova e unha gran comprometida pola igualdade e dereitos.

13. Xan Fernández, 57 anos, veciño de Covas. Profesor de Xeografía e Historia, apaixonado da fotografía e da arte.

14. Tania Monteagudo Bermúdez, 23 anos, veciña de Viveiro. É educadora físico deportiva e estuda Máster en envellecemento saudable e calidade de vida.

15. Mitas Goás Basanta, 66 anos, de Celeiro. Diplomado en Traballo Social actualmente xubilado da Consellería do Mar.

16. Iliana Fraga Sánchez, 30 anos, veciña de Viveiro. Técnico en Coidados auxiliares de enfermería e Técnico de emerxencias sanitarias, traballa do Sergas.

17. Xulia Canoura Diaz, 66 anos, veciña de Covas. Licenciada en Pedagoxía e mestra xubilada. Activista política e cultural incalsábel no nacionalismo desde mediados dos anos 70.

18. Iván Pena Muras, 33 anos, medrou en Covas mais na actualidade é veciño de Viveiro. Soldador de profesión compatibiliza o seu traballo en Alcoa co cargo de responsábel de comunicación no BNG e as súas diferentes afeccións vinculadas ao deporte e a natureza.

19. Gloria Rouco Llanderrozas, 56 anos, veciña de San Andrés de Boimente. Licenciada en Ciencias Económicas Empresarais é empregada da administración pública. Coñecedora e loitadora das necesidades do rural.

20. María do Mar Chaves Álvarez, 55 anos, nacida e residente en Covas. Auxiliar Administrativa do SERGAS, dende fai varios anos apartada do mundo laboral para exercer de coidadora de familiares dependentes.

Exit mobile version