Lugo, 18 de abril de 2023. A deputada de Medio Rural Mónica Freire participou este luns na presentacióndas Quendas de Mondoñedo, que se celebrarán do 28 ao 1 maio e que decorrerán, como é tradición, ao redor do gando.
A área provincial colabora coa Asociacion As San Lucas, organizadora da feira, nas actividades ligadas á gandeiría, como a feira de gando tradicional, a exposición de razas autóctonas, o certame morfolóxico de Pura Raza Galega e o concurso de andadura de cabalo marchador galego, que se concentrarán na xornada do 1 de maio.
Mónica Freire felicitou á organización por seguir impulsando unha feira que mantén viva a tradición gandeira do concello e da Mariña interior e pon en valor o traballo dos criadores e criadoras de gando cabalar, fundamental na conservación do territorio” e valorou tamén “o protagonismo das razas autóctonas e dos certames de Pura Raza Galega, que espertan un gran interese en todos os lugares en que se veñen celebrando da man de Puraga”.