O Peñíscola logra o pase directo a Primera Federación cunha vitoria de 3-1 moi reñida e outro partidazo do Pescados Rubén Burela FS que estivo a moi bo nivel, superior en moitas ocasións
Na primeira parte o equipo mariñán é bastante superior ao rival aínda que non atopa o gol. No minuto 6 Cristian adianta o marcador tras unha situación de ataque posicional, unha acción colectiva e unha situación de segundo pau que o equipo levantino gana ao Burela. A partir de aí o partido móstrase parello con máis ocasións claras para o Pescados Rubén e no minuto 15 Pani mete o 2-0 cun gol de penalti, decisión bastante cuestionada pola afección laranxa. O Peñíscola ponse con 5 faltas pero o Burela non logra atopar o gol.
Na segunda parte tamén volve estar o encontro bastante homoxéneo, de novo con moitas ocasións moi claras para un Burela que non atopa o gol ata o minuto 35 cun golazo de Rikelme nun disparo directo de falta desde fóra da área. Tras o 2-1 o equipo burelense provoca varias ocasións claras, unha de Lucho e outra de Pitero, que a punto estiveron de empatar o encontro pero chega o 3-1 nunha transición no minuto 38 cun gol de Praza. Tras intentalo co porteiro-xogador, cun Juan Vizcarro en pé apoiando ao seu equipo no seu xa palpable ascenso e pouco tempo para remontar, o encontro queda 3-1.
David Rial móstrase contento co seu equipo que tivo moitas ocasións e fixo moi bo partido, sendo superiores ao rival en moitos momentos. Vólvense a Burela sen os tres puntos pero celebrando que, tras os resultados desta xornada, están matematicamente clasificados para xogar os playoff.
Ficha Técnica Peñíscola Fs – Pescados Rubén Burela FS
Peñíscola FS: Starna (P), José Mario, Agustín Plaza, Pani, Diego Sancho – cinco inicial -, Cristian, Juanqui, Luciano Gauna, Carlos Saladié, Nico Rosental, Víctor Pérez, Elías, Diego Quintela, Gus (P)
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Lucho, Pitero, David Pazos, Eloy – cinco inicial -, Nito, Isma, Nando, Rikelme, Alberto, Antón Arnejo, Bruno (P).
Goles: Min.6 Cristian 1-0; min.15 Pani 2-0 (Penalti); min.35 Rikelme 2-1; min.38 Agustín Plaza 3-1.
Equipo Arbitral: Félix Daniel Miguel Velasco, Rubén Miguel Velasco, Adrià Pla Merino, Víctor López Rodríguez.