Site icon Crónica3.com A Mariña

José Tomé trasladou a Pedro Sánchez as boas expectativas electorais dos socialistas na provincia de Lugo

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia e Presidente da Deputación mantivo un encontro co Secretario Xeral do PSOE e Presidente do Goberno antes da súa participación no acto público celebrado no Palexco

Lugo, 29 de abril de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, mantivo un encontro co Secretario Xeral do PSOE e Presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, antes da súa participación no acto público celebrado no Palexco en apoio dos candidatos e candidatas dos socialistas ás eleccións municipais do 28 de maio nos concellos galegos. Unha reunión na que José Tomé abordou con Pedro Sánchez cuestións de actualidade na provincia e en Galicia, e lle trasladou as boas expectativas electorais dos socialistas lucenses de cara ás municipais, destacando que presentan candidatos e candidatas nos 67 concellos da provincia e que, cun 36%, contan coa maior presencia de mulleres líderes de candidatura das catro provincias galegas e do conxunto do Estado.

Exit mobile version