O alcaldable defende que votar á esquerda tería como resultado seguir no bloqueo, “dado que nin eles mesmos se entenden”
Así de contundente o manifestaba o alcaldable popular, logo de agradecer aos seus compañeiros de lista “o esforzo por dar o paso para traballar e ser a alternativa ao desgoberno e á inestabilidade que tivemos nos últimos tempos”. Deste xeito, Lamela explicou que se trata dunha candidatura que “combina experiencia e renovación” ao incluír sete novas incorporación para reforzar o proxecto popular no municipio.
O PP, A ÚNICA ALTERNATIVA
A lista dada a coñecer este sábado, en palabras do candidato popular, “non só foi deseñada para gañar; senón tamén para gobernar e dar a este concello a estabilidade gobernamental que tanto necesita”. De feito, engade, “creo firmemente que a única opción que representa un proxecto político serio, responsable e que traballe dende o rigor é a nosa formación”. E é que, segundo dixo, “votar ás forzas da esquerda tería como resultado seguir no estancamento e no bloqueo administrativo”.
Lamela facía esta valoración porque “xa vimos que os socialistas están gobernando en minoría, dado que nin eles mesmos se entenden e, incluso, se foron concelleiros”. Para por fin a esta incerteza política e gobernamental na entidade local, é preciso que o 28 de maio os populares acaden a confianza dos veciños; o que permitiría, sinalou, “sacar ao concello desta parálise. Non cabe outra opción”, concluíu.
CANDIDATURA AO COMPLETO
A lista completa é a seguinte:
1.- José Manuel Lamela Piñeiro (69 anos, xubilado)
2.- Senén Castro Lorenzo (32 anos, enxeñeiro informático)
3.- Lorena Díaz Pita (26 anos, mestra de Educación Infantil)
4.- Ana Isabel Rubal Balseiro (45 anos, PSX)
5.- Juan José García Pedreira (60 anos, xubilado)
6.- Edgar Cao López (34 anos, técnico de Farmacia)
7.- Rocío Blanco Pliego (43 anos, superior de Administración)
8.- Ana María Pita Prieto (49 anos, autónoma agraria)
9.- Alfonso Cabanas Fernández (56 anos, albanel)
Suplentes:
1.- Ginés Cao Rivera (45 anos, xubilado)
2.- Juana Estrella García Parga (48 anos, docente)
3.- Justino Fernández Rolle (51 anos, autónomo)
4.- Zaira Fernández Vázquez (22 anos, administrativa)
5.- Uxía Ínsua Castro (24 anos, recepcionista)
6.- Cesáreo Seara Balmayor (74 anos, xubilado)
7.- Teresa Galdo García (65 anos, xubilada)
8.- Rafael Castro Sifontes (28 anos, albanel)
9.- Luis Campo Díaz (54 anos, almacenero)
10.- Jaime Fraga Expósito (54 anos, empregado)