Isabel Rodríguez destacou o traballo e esforzo dos produtores locais para elaborar este queixo afumado, un produto artesanal de excelente calidade, con Denominación de Orixe Protexida e recoñecido a nivel nacional e internacional, e recalcou o compromiso do Goberno de España “na transformación e modernización das explotacións gandeiras, en gran parte de carácter familiar, que, ademais, achegan valores cada vez máis reivindicados como a sustentabilidade ambiental e o arraigo ao territorio”. Na súa intervención, a subdelegada felicitou á rexedora e ao equipo de goberno por seguir organizando unha iniciativa máis que consolidada e que tras 27 anos supón todo un referente na provincia, “un evento moi necesario para o desenvolvemento económico da comarca que reúne a milleiros de persoas durante esta fin de semana”, engadiu.
Ademais da exposición, degustación e venda de queixos, o programa inclúe outras actividades complementarias, desde talleres de elaboración de queixo a concertos de música.