Viveiro, 11 de abril, 2023. A fin de semana do 6 e 7 de Maio de 2023 celebraranse as “I Xornadas Lúdicas A Mariña” nun hotel de Covas, Viveiro.
Este evento está organizado pola tenda especializada en quebracabezas e xogos de mesa Doctor Panush, que recentemente abriu unha sucursal na localidade de Viveiro. Conta coa colaboración de AEPUZZ (Asociación Española de Quebracabezas) e o patrocinio da marca alemá Ravensburger.
Durante a xornada do sábado terá lugar a montaxe do quebracabezas xigante de 9000 pezas “Museo Disney”. Ademais, celebrarase un torneo de Quebracabezas-chess e organizaranse partidas a xogos de mesa modernos con carácter familiar. O domingo pola mañá será o momento no que 50 parellas enfrontaranse no I Corcurso de Quebracabezas de Viveiro.
Toda a información do evento está dispoñible no blogue de Doctor Panush.
Para participar nas actividades relacionadas con quebracabezas é necesario inscribirse a través dos formularios de inscrición da web de Aepuzz. A participación na montaxe do quebracabezas xigante é gratuíta. O torneo de quebracabezas-chess ten un prezo de 6€ por persoa, con desconto para socios de Aepuzz de 3€. O I Concurso de Quebracabezas de Viveiro ten un prezo de 18€ por parella, con desconto de 3€ por persoa socia de Aepuzz. Hai límite de prazas.
As actividades relacionadas con xogos de mesa son gratuítas. Non se farán reservas, terase en conta a orde de chegada dos asistentes para participar.