Moi vencellado ao deporte, “é un veciño moi coñecido e querido” que aposta polo cambio en Burela dende o equipo que encabeza Manuel Rouco
Martins compaxina o seu traballo como operario de ABSA co de adestrador de fútbol base. E forma parte da comisión de Deportes do PPdeG e do comité executivo do PP a nivel provincial, como secretario da Área de Inclusión.
O alcaldable popular destaca que “é un veciño moi coñecido e querido na vila” e subliña “o seu compromiso con Burela” onde vive dende fai 44 anos. Rouco explica a súa estreita vinculación co eido do deporte xa que, “coma moitos outros nenos da vila, pasou polas distintas categorías da SD Burela defendendo a camiseta do noso histórico club”. E na actualidade forma parte do equipo de veteranos.
Martins cre que “Burela necesita un cambio” e por iso aposta polo proxecto do Partido Popular.
No ámbito do deporte, entre outros asuntos, os populares cren positivo “traer eventos deportivos do máximo nivel á nosa vila para que sirvan de estímulo socioeconómico”.