Moi vencellado ao deporte, “é un veciño moi coñecido e querido” que aposta polo cambio en Burela dende o equipo que encabeza Manuel Rouco
Burela, 15 de abril de 2023. Félix Martins volverá formar parte da candidatura do PP de Burela que encabeza Manuel Rouco de cara ás vindeiras eleccións municipais.
Martins compaxina o seu traballo como operario de ABSA co de adestrador de fútbol base. E forma parte da comisión de Deportes do PPdeG e do comité executivo do PP a nivel provincial, como secretario da Área de Inclusión.
O alcaldable popular destaca que “é un veciño moi coñecido e querido na vila” e subliña “o seu compromiso con Burela” onde vive dende fai 44 anos. Rouco explica a súa estreita vinculación co eido do deporte xa que, “coma moitos outros nenos da vila, pasou polas distintas categorías da SD Burela defendendo a camiseta do noso histórico club”. E na actualidade forma parte do equipo de veteranos.
Martins cre que “Burela necesita un cambio” e por iso aposta polo proxecto do Partido Popular.
No ámbito do deporte, entre outros asuntos, os populares cren positivo “traer eventos deportivos do máximo nivel á nosa vila para que sirvan de estímulo socioeconómico”.