Burela, 24 de abril de 2023. A Asociación ESPERANZA de loita contra o cancro organiza un xantar de confraternidade para as persoas asociadas que terá lugar o vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas.
O xantar tén como obxectivo afondar na inclusión das persoas e familias afectadas pola enfermidade e tamén incrementar as relación persoais entre as persoas asociadas. As persoas que desexen asistir deberán contactar co teléfono da asociación ESPERANZA para adquirir os tikets .
O xantar estará precedido dun acto relixioso, que terá lugar á unha do mediodía, na honra da Virxe da Esperanza, con íntima relación co nome do colectivo. A asociación, desde os primeiros meses da súa creación, conserva unha réplica da Esperanza, símbolo e reflexo do obxectivo final da mesma: traballar para erradicar, cando menos minimizar, os efectos do cancro nas persoas, nas familias e na sociedade.