Este venres os gañadores do sorteo da campaña “Burela, un Mar de Tapas 2023” recibiron os seus premios: 600 euros en metálico repartidos en 3 premios
Burela, 28 de abril, 2023. Rubén Río Castro recibiu o primeiro premio de 300 euros; José Ignacio Maira Teijeiro gañou o segundo premio de 200 euros; e Jesús Varela recolleu o terceiro premio de 100 euros en representación da premiada, Pamela Trelles Martínez.
O concurso de tapas “Burela, un Mar de Tapas” celebrouse con éxito a pasada fin de semana, entre o xoves 20 e o sábado 22 de abril, coa participación de 12 locais hostaleiros de Burela, que concursaban cada un deles con 2 tapas especiais.
Para optar ao premio destes 600 euros en metálico os clientes debían selar a súa tarxeta de partiicpación nos 12 locais, valorando ademais polo menos unha das tapas de cada establecemento.
Pola súa parte, unha vez feito o reconto de votos tamén se elixiron as 3 mellores tapas de Burela. O Restaurante A Lonxa foi o grande vencedor deste certame, logrando os dous primeiros premios coas súas tapas: “Brocheta de mar con crema de marisco” e “Salpicón de rape e marisco”, respectivamente. O terceiro premio foi para “Carrilleras de Ternera Gallega con cremoso de pataca e trufa” do restaurante Contraste.