O coloquio versará sobre “Juana de Vega e as malas mulleres”. As malas mulleres que dan título á novela de Marilar Aleixandre son por unha banda as mulleres encarceladas no cárcere da Coruña no século XIX que tiñan maioritariamente como gran crime o de ser mulleres e pobres, e as mulleres liberais da clase alta, como Concepción Arenal e Juana de Vega que loitaban porque as condicións sociais cambiasen.
Unha autora e un autor, por tanto, que se achegan á mesma realidade social e histórica desde dous camiños complementarios como son a biografía e a novela. Estamos seguras de que será interesantísima a súa charla moderada pola filóloga María Liñeira.