Negueira de Muñiz, 14 de abril, 2023. A xente de Negueira de Muñiz está a organizar para o próximo 6 de maio unha xornada de convivencia na que queren compartir a súa preocupación polo modelo enerxético actual e as súas inminentes consecuencias.
No marco da praga de macroproxectos eólicos que se está a vivir, a Negueira aféctanlle 10 proxectos con 111 aeroxeneradores que cubrirían todos os cumios que arrodean o val do Navia. Trátase dun modelo que non ten en conta a poboación nin os territorios, que se salta as propias leis e declaracións de protección ambiental e que facilita trámites a grandes multinacionais acentuando dinámicas de expolio territorial.
Con esta xornada “A Montáña Plántase” para defender a dignidade das terras que sosteñen a gran biodiversidade do val do Navia e compartir mediante diversas palestras e obradoiros alternativas e argumentos a favor doutro modelo de transición ecolóxica baseado na reducción do consumo innecesario garantizando o básico, potenciando a produción local e o consumo de proximidade.
Para as persoas que están a organizar a xornada as zonas rurais non teñen por que soportar o coste dun modelo consumista e depredador que recorre ao expolio dos recursos naturais, e queren comunicar a súa mensaxe nun espazo de convivencia no que non faltará a música e o bo ambiente co que plantarse frente ao colapso ecolóxico.