O edil nacionalista contou que “dentro do programa de amaño e mellora de camiños que estamos a desenvolver por todas as parroquias do noso concello, tanto nas da costa como nas do interior, estamos aproveitando agora co bo tempo para facer as operacións de pintado e sinalización de marcas viais”.
Villamil dixo: “é por iso que a empresa adxudicataria, a partir deste martes, iniciará estes traballos de pintado polo que é posible que se poidan producir cortes na circulación ou mesmo haxa que habilitar desvíos alternativos. Por todo iso, queremos advertir á poboación, especialmente das parroquias afectadas, para que o teñan en conta nos seus desprazamentos ao longo desta semana”.
O concelleiro de Medio Rural engadiu: “sabemos que é un incordio, pero o resultado final co viario aglomerado e coa correspondente pintura garante unha seguridade agora e no futuro moi importantes”.