“Con esta programación non só acercaremos o ocio e a formación á nosa mocidade, senón que suporá tamén unha conciliación da vida familiar e laboral” destaca Vega
Ribadeo, 28 de abril de 2023. Este sábado 29 de abril terá lugar en Ribadeo o Día da Xuventude. Será de 16:00 h ata as 21:00 h no parque San Francisco en Ribadeo, aínda que no caso de que chova, será no pavillón municipal. Esta programación está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables e coa colaboración do grupo municipal popular.
O alcaldable, Dani Vega, destaca esta actividade como unha xestión máis que o grupo municipal popular realizou para traer múltiples actividades para os máis mozos: “Co programa de ocio educativo Día da Xuventude poñemos no centro de atención a mocidade como recurso potencial para Ribadeo”. Neste sentido, Vega subliña que esta programación “non so acercará o ocio e a formación a nosa mocidade, senón que suporá tamén unha conciliación da vida familiar e laboral.
A través deste programa, se ofrece aos mozos un amplo abanico de actividades gratuítas, como talleres dinámicos de cocina saudable, grafitti ou sobre igualdade de xénero, ademais de actividades relacionadas coa la protección do medio ambiente e a empregabilidade. As diferentes propostas lúdicas e formativas inclúen unha actuación musical a cargo de artistas o grupos locais.