Foz, 12 de abril, 2023. Vén de crearse en Foz a “asociación cuiden maiores e coidadores”, unha organización sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é o benestar das persoas maiores e os seus familiares coidadores de toda a provincia de Lugo.
Na nosa sociedade, o envellecemento da poboación é unha realidade cada vez máis evidente. É por iso que se fai necesaria unha atención especializada e enfocada no coidado dos nosos maiores. O labor de coidar tamén é crucial neste proceso, xa que as persoas coidadoras son quen garante unha atención persoalizada e de calidade.
A “asociación cuiden maiores e coidadores” xorde como resposta a esta necesidade, coa intención de ofrece apoio, asesoramento e recursos ás persoas maiores e aos seus familiares coidadores, co fin de mellorar a súa calidade de vida e benestar. A organización traballará para brindar programas, información e orientación aos familiares coidadores, así como ofrecer programas e actividades que promovan o benestar dos maiores.
A asociación tamén se esforzará en fomentar a conciencia pública sobre a importancia do coidado e a atención das persoas maiores. Ser un coidador dun familiar maior pode ser unha tarefa desafiante e esixente. Os cuidadores a miúdo teñen que equilibrar as súas propias responsabilidades, como traballar ou coidar das súas propias familias, coas necesidades da persoa maior á que coidan.
O equipo da “asociación cuiden maiores e coidadores” está formado por profesionais altamente capacitados e con experiencia no coidado de persoas maiores. A organización conta coa colaboración de expertos en diversas disciplinas, como a psicoloxía, terapia ocupacional, asistente social, …, para garantir que os servizos e recursos que se ofrecen sexan da máis alta calidade.
A “asociación cuiden maiores e coidadores” traballará arduamente para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e os seus coidadores, e espera poder colaborar con outras organizacións, institucións e entidades do sector público e privado para lograr ese obxetivo.
Desde a asociación cuiden, traballamos co firme compromiso de fomentar unha cultura do coidado, na que se valore e respete a figura da persoa coidadora e bríndese unha atención de calidade ás persoas maiores.
Asociación Cuiden maiores e coidadores, por unha vellez digna e un coidado de calidade