Site icon Crónica3.com A Mariña

Celeiro Club do Mar e BNG requiren un acordo sen a Xunta para construir vestiarios en Lavandeiras

Viveiro, 9 de abril, 2023. Celeiro Club do Mar e BNG reuníronse poñendo en común ideas e proxectos, así como falaron dos beneficios que terían as subvencións por concorrencia competitiva nas entidades deportivas locais. Demanda que sostivo Míriam Bermúdez no pleno municipal e que non saiu adiante polos votos en contra do cogoberno de Bernardo Fraga e María Loureiro.

Despois dun ano, o acordo para a instalación de vestiarios no campo de Celeiro para ir dotando este campo de instalacións para toda práctica deportiva, non vai poder producirse pola falta de compromiso da Xunta de Galiza, gobernarda polo PP, e sen ninguén en Viveiro do Partido Popular coa suficiente capacidade resolutiva nin co mínimo mando para que, simplemente, a Xunta cumpla coa sua propia palabra nun acordo que ía asinado a tres bandas: Xunta de Galicia, Concello de Viveiro e Área de Deportes da Deputación gobernada polo BNG.

Na reunión mantida co Celeiro Club do Mar o BNG propuxo iniciar os trámites para un acordo a dúas bandas sen contar coa Xunta de Galiza, pola falta de palabra do Partido Popular. A Área de Deportes da Deputación onde goberna o BNG e co fin de axilizar as obras, está disposto a sacalas adiante co orzamento consignando e cun novo acordo a dúas bandas, quedando á espera da aceptación por parte do Goberno Municipal para que por fín o Campo de Lavandeiras conte con vestiarios e o Celeiro Club do Mar, entre outros, poda entrenar nel.

O compromiso do BNG alí onde goberna é claro, tanto en Deportes na Deputación coas melloras no Campo de Tiro de San Roque, a sinalización da ruta Viveiro Bike Xtreme de máis de 65km, entre moitos. Como tamén nos concellos onde goberna o BNG, concellos como Ribadeo, Pontevedra, Carballo, Allariz, Tomiño, Moaña… Lugares que se nota que son gobernados doutra maneira, agradábeis para vivir e con oportunidades.

Exit mobile version