O primeiro tenente de alcalde, Suso Fernández, presidiu a reunión á que acudiron representantes da Policía Nacional, Garda Civil de Viveiro, Garda Civil do Tráfico, Garda Civil do Mar, do Parque de Bombeiros de Viveiro, da Policía Local, e de Protección Civil, xunto a membros do Departamento Municipal de Obras e da organización da proba.
“A Camovi é unha das citas máis destacadas no calendario deportivo de Viveiro. Son máis de mil os participantes e milleiros as persoas que se achegan ata a vila para acompañalos ou para desfrutar dela, así que consideramos que é a nosa responsabilidade coidar de que o fagan de forma segura”, subliña Suso Fernández.
“Agradecemos un ano máis a todos os que forman partes deste dispositivo a súa vontade de colaboración e a súa dispoñibilidade”, engade o tenente de alcalde.