Viveiro, 12 de abril, 2023. O obxectivo destas colaboracións é poñer en valor “o cine”, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro suman forzas para fomentar e apoiar a cultura cinematográfica nos mais novos. O ano pasado iniciamos este tipo de colaboracións, no que se ofrecían descontos en forma de vales para animar ós pais e nenos a ir ó cine, e dado o éxito de afluencia poñémolo en marcha unha vez mais, e xa van con ésta tres campañas durante este curso 22-23, desta volta con novidades. En aras de seguir mellorando a experiencia, imos poñer en marcha a promoción durante dúas fins de semana seguidas, polo que haberá bonos tanto para o 15 e 16 de abril como para o 22 e 23. Deste xeito intentamos que ningún rapaz se quede sen poder ver a película preferida porque o aforo esté completo. Serán vales desconto de 2€ para poder ver 3 películas de animación e aventuras a elexir, “Super Mario Bros”, “Violeta, la Hada Traviesa” e “Los tres mosqueteros” Estes vales serán entregados nos colexios da zona para que cheguen directamente ós nenos.
Nesta semana recibirán os vales desconto os centros CEP Lois Tobío, EEI San Roque e Colexio Landro E na vindeira semana serán os centros restantes primeiro entregaranse no CEIP de Celeiro, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo e o CEIP Plurilingüe de Covas O desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com. Este sistema é moi rápido e sinxelo e garantiza que xa tes o teu sitio reservado ó chegar. O aforo é limitado e por iso se recomenda o sistema de sacar a entrada online. Igualmente, o cine abrirá as súas portas 30 minutos antes do inicio da sesión para que a xente poida ir con tempo e así intentar evitar as esperas. O cine está en funcionamento con películas tódalas fins de semana, estreas aquí ó ladiño da casa e que podemos aproveitar para vivir “experiencias” xunto ós nosos. Apostamos por crear sinerxías entre sectores e axudar á recuperación do sector audiovisual. O éxito das pasadas convocatorias fainos repetir novamente esta colaboración a 3 bandas.
Estas accións están financiadas con cargo ós fondos Feder, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, «Unha maneira de facer Europa».