O portavoz popular, e candidato á alcaldía, Javier Castiñeira, lembra que “no PXOM, a parcela está destinada a equipamentos sociais; pola súa parte, o edificio está catalogado, pola súa importancia arquitectónica”
Castiñeira considera que “as demais administración tamén deben colaborar”. Explica: “No PXOM, a parcela está destinada a equipamentos sociais; pola súa parte, o edificio está catalogado, pola súa importancia arquitectónica. Os intereses, do Concello, da Fundación e o dos veciños en xeral conflúen na conveniencia da posta en valor do edificio e da parcela, en relación a esas necesidades sociais e culturais que ten Foz”.
Os populares destacan que, nestes catro anos, o equipo de goberno (PSOE-BNG) nada fixo neste sentido. Castiñeira avisa: “Catro anos máis nesta situación e o edificio pode chegar a un deterioro moi grande; os veciños avogan por algún tipo de convenio entre o Concello e a Fundación, con participación das demais administracións, para dar cobertura a todas necesidades, como se fixo xa no seu momento, porque grazas á Fundación púidose facer unha residencia nova”.
No PP cren que “agora é necesario dotar a Foz de máis prazas residenciais, pero hai que ser máis ambicioso, porque a parcela é moi interesante para fines sociais e culturais en beneficio dos veciños de Foz, e tamén, claro, da Fundación, que é a propietaria e que se rexe por uns estatutos que é necesario cumprir.