Con este dispositivo, o Concello quere compatibilizar a celebración da Semana Santa coa vida diaria dos veciños e veciñas, causando as menores molestias posibles e facilitando á súa vez a chegada de visitantes á vila.
ZONA ORA, TRAVESIA DA MARINA E PRAZA DE LUGO
Por unha banda, dende o 6 de abril, Xoves Santo, ás 15:00 e ata a 01:00 do día 8, Sábado Santo, estará prohibido estacionar todo tipo de vehículos entre a Praza de Lugo e a Porta de Carlos V, en ambos marxes. Isto afecta á zona azul, carga e descarga e ó resto de prazas. As zonas afectadas estarán sinalizadas a partir de mañá.
Por outra banda, a circulación de vehículos verase restrinxida o Xoves Santo dende as 22:00 ata que remate a Procesión da Misericordia. O mesmo ocorrerá o Venres Santo a partir das 22:00 coa Procesión da Paixón.
AVDA DE CERVANTES- REGO DAS FRORES
Tamén estará cortada durante as procesións a Avenida de Cervantes. Como alternativa, dende mañá ata o luns vaise habilitar o paso mediante semáforos dende a Avenida Benito Galcerán ata Rúa Rego das Flores en ambos sentidos. Este paso estará habilitado paralelamente dende o mércores 4 ao luns 10 de abril.
O concello agradece de antemán a colaboración e a comprensión de todos, pedindo desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, e co desexo de que a Semana Santa 2023 sexa de novo un gran éxito.