Burela, 15 de abril de 2023. O auditorio da Casa da Cultura de Burela encheuse onte para disfrutar do monólogo “Aquí Tou”, de Xosé Antonio Touriñán, que durante o espectáculo agradeceu o traballo realizado pola Concellería de Cultura ao longo dos últimos oito anos.
O cullerdense fixo un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegxs, todxs nos sentimos identificadxs. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán levou aos asistentes da man pola súa vida cun monólogo no que contou e representou partes dela e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, o levaron a ser quen hoxe é.