Este debate, de carácter público e absolutamente imparcial, proponse como un complemento imprescindible aos mítin electorais que poidan organizar os diferentes partidos políticos, coa idea de que a cidadanía teña a posibilidade de coñecer e confrontar de primeira man as propostas dos grupos políticos que concorren aos comicios, e nun espazo no cal se respecten as normas establecidas pola Xunta Electoral para os debates públicos.
Así pois, diríxese esta carta ao movemento asociativo de Barreiros coa finalidade de informar de dita iniciativa e convidar á totalidade de asociacións do concello de Barreiros a participar nunha reunión informativa e preparatoria do evento o XOVES 13 DE ABRIL ÁS 20H. NO CENTRO SOCIOCULTAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO, EN SAN COSME DE BARREIROS.
A adhesión dunha asociación a esta iniciativa plantéxase como a posibilidade de aportar temas a debatir e preguntas de interese xeral dirixidas á totalidade de cantidatos/os.
Esta iniciativa ten carácter asociativo e aberto polo que se prega ás asociacións receptoras desta carta que a compartan con aquelas outras asociacións de Barreiros e que puideran ter interese en participar coa finalidade de chegar conxuntamente a todo o movemento asociativo local.