Burela, 26 de abril de 2023. As xogadoras do Burela FSF visitaron hoxe o barco museo Reina del Carmen, un día antes de partir cara Boadilla del Monte, onde disputarán a fase final da Copa da Raíña. Xunto a elas estiveron os concelleiros Ramiro Fernández e Carmela López.
O edil de Turismo e Deportes contou que “no día de hoxe tivemos unha visita moi especial no barco museo Reina del Carmen, en función do convenio de promoción turística que temos subscrito que Burela FS. Visitáronnos as xogadoras do Burela FSF, que se van mañá para xogar a fase final da Copa da Raíña a Boadilla del Monte, a Madrid”.
Fernández Rey explicou que “aproveitamos a ocasión para desexarlles sorte nesa competición. Esperemos que sexan capaces de conseguir ese quinto título consecutivo da Copa da Raíña para traer para Burela. Dentro dese convenio que temos asinado co club están estas accións de promoción turística de Burela e neste caso aproveitamos o barco museo”.
O concelleiro burelés engadiu: “a miña intención como concelleiro de Deportes e como tenente de alcalde é asistir en Madrid ás semifinais e á final da Copa da Raíña. Se son capaces de pasar estaremos alí acompañándoas e representando ás veciñas e aos veciños de Burela da mellor maneira posible, para celebrar o título ou para darlles ánimos en caso de que non poidan conseguilo”.