Na primeira parte non pasa moito tempo ata que Dany encaixa o 0-1 tras un pase de Peque. Continúa presionando o Burela cunha oportunidade de Saki no minuto 7 que sae fóra e outra clarísima de Peque no 8 que para a porteira Estela e logo dá no pau. E no mesmo minuto chega o 0-2 coa veloz Irene Samper tras un pase de Antía. Chega o gol do Alcorcón con Clau López no minuto 17 e segundos despois outra oportunidade clarísima de Peque que sae fóra. Chega o descanso con resultado 1-2 para o Burela FS.
No segundo tempo comeza atacando o equipo mariñán con Irene, Peque, Emilly e Dany e no minuto 24 Patricia atopa o gol que tanto buscaba (despois de varias oportunidades na primeira parte) e no 28 chega o 1-4 cun golazo de Emilly despois de roubar o balón a media pista e continuar ela soa o contraataque ata a portería contraria. No minuto 29 Guillermo Camarón decide optar xa pola porteira-xogadora, pero a sólida defensa do Burela non se permite un erro, chegando o 1-5 cun tiro de Peque a portería baleira no minuto 33 e o 1-6 final tamén con Peque cun gol de falta tras a sexta falta do Alcorcón.
Un Julio Delgado moi orgulloso do seu equipo, valora o encontro como “un partido moi serio” no que “fixeron maxia hoxe”. Cunha moi boa primeira parte, con moitas ocasións e unha segunda parte na que matizaron os detalles necesarios para saír vitoriosas, sempre dándoo todo. Facendo fincapé na importante ausencia de Cilene, un piar fundamental no equipo, prefire manter a súa boa saúde que arriscala por un título. Recoñece que sente favorito e, aínda que pode pasar o contrario, espera e sente que mañá o Burela FS proclamarase o equipo campión da Copa da Raíña por sexta vez, a quinta consecutiva.
Ficha Técnica A.D. Alcorcón FSF – Pescados Rubén Burela FS
A.D. Alcorcón FSF: Estela (P), Aída de Miguel (C), Laura Sánchez, Nere Moldes, Marta Nuño – cinco inicial -, Tania Benito, Clau López, Iraia, Luci, Paula Llorente, Oliva, Albita, Carmen Alonso, Patri Arruti (P).
Pescados Rubén Burela FS: Jozi Oliveira (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Cilene, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Caridad (P).
Goles: Min.3 Dany 0-1; min.8 Peque 0-2; min.17 Clau López 1-2; min.24 Patricia 1-3; min.28 Emilly 1-4; min.33 Peque 1-5; min.36 Peque 1-6.
Equipo Arbitral: Andrés Botella López, Sara Gutierrez Echevarría, Alberto Carrion Álvarez.
TA: min.15 Saki, min.18 Julio Delgado, min.19 Peque, min.19 Antía, min.23 Emilly, min.32 Tania Benito.