Desde Gaia explicaron que “hoxe estivemos co alumnado de 3º de Primaria do CEIP Virxe do Carme cun taller de velutinas, no que nos acompañou José María Vázquez, que é o xerente da empresa Serpa, que se encarga de eliminar avespas asiáticas”.
As monitoras de Galicia sinalaron que “o taller consistiu en que lles explicou o que é unha velutina, os tipos de niños que fan, en que épocas do ano constrúen cada un deles, a importancia que ten atrapar a avespa raíña na primavera para que así non siga construíndo máis niños, …”.
E engadiron: “os rapaces puideron ver uns niños e varias avespas velutinas raíñas desecadas. Despois o alumnado aprenderon a facer unha trampa para a velutina, aproveitando botellas de plástico, e tamén a elaborar a mestura que hai que meter na botella para que estas avespas se sentan atraídas e caian capturadas”.