Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 28 de abril e o 7 de maio entrarán no sorteo de 15 premios de 100 euros en vales de compra cada un.
O sorteo terá lugar o 11 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz a partir das 11 da mañá.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”.
E engade: “e tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración moi importante, disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial”.
AciaFozCCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización da campaña do día da nai, que foi presentada hoxe por José Carlos Paleo, presidente da asociación empresarial focense, polo alcalde de Foz, Fran Cajoto, e polo concelleiro de Comercio, Chema Linares.