Hoxe publicouse na Plataforma de contratos públicos de Galicia a licitación do contrato para elaborar o referido plan, cun prazo de 24 meses contando tanto a execución do contrato como os tempos necesarios para tramitar toda a documentación. As empresas interesadas terán ata o vindeiro 22 de xuño para presentar as súas ofertas.
Prevese que a futura ampliación do polígono industrial de Camba, en Xove, se estenda por unha superficie total de 42.944 metros cadrados.