En concreto, comezaranse novos traballos de limpeza na AC-231 en Sobrado; nas estradas LU-617 en Monforte de Lemos e na LU-152, nos concellos do Valadouro, Alfoz e Foz; na OU-525, en Taboadela e Ourense; na autovía AG-51 en Salvaterra de Miño; e na estrada PO-223 en Pontevedra.
Ao tempo, continuarase coas tarefas iniciadas a pasada semana de axardinamento nas glorietas da estrada AC-406, no tramo coincidente co concello coruñés de Santa Comba.
Tamén proseguirán os traballos de roza e limpeza na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1) e na estrada LU-162, nos concellos do Valadouro e Foz.
En paralelo, seguirán ás tarefas de limpeza nas estradas da provincia de Ourense, concretamente na OU-310, OU-540 e OU-402, ao seu paso polos concellos de Verín e Vilardevós, de Barbadás e de Cortegada, respectivamente.
Ademais seguirán os traballos de limpeza na vía de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na estrada PO-010, en Vigo.
Prevención e seguridade viaria
Estas intervencións están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 M€, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas e a mellora da seguridade viaria. As actuacións permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais na rede viaria autonómica e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.