Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta colabora nun programa de dinamización destinado a maiores do Concello de Riotorto

Destínanse 40.000 euros a esta iniciativa municipal pensada achegar un programa de envellecemento activo ás persoas de máis idade do municipio

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asinou esta semana un convenio de colaboración co alcalde Riotorto, Clemente Iglesias, para colaborar no financiamento dun programa municipal para o envellecemento activo. A Xunta achega 40.000 euros a esta iniciativa que procura poñer en marcha un conxunto de actividades para as persoas de máis idade da localidade.

Con este acordo, a Xunta dá un paso máis en achegar aos fogares dos maiores as atencións que necesitan. A este obxectivo responden medidas como o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), poñendo a disposición de todos os concellos máis horas de atención para levar coidados profesionais ás casas dos veciños de máis idade; ou o impulso da teleasistencia avanzada, para incrementar ata os 10.000 o número de persoas maiores de toda Galicia que contan con apoios tecnolóxicos nos seus domicilios.

Neste concello lucense, o Executivo autonómico ten unha vivenda comunitaria, que conta con 10 prazas de atención a maiores. Tamén lle achegou o programa de Coidados porta a porta, que volverá a este municipio en xuño para ofrecer servizos gratuítos en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Exit mobile version