O edil manifestou: “o Concello de Ribadeo fai unha valoración positiva desta fin de semana, que foi moi importante na disciplina de ximnasia rítmica”.
Díaz Freije tivo palabras de agradecemento: “hai que dar as grazas ao club Porta Norte por todo este esforzo que fai todo o ano e que se ve reflectido nun evento como o desta pasada fin de semana, no que participaron e competiron aproximadamente 1.000 nenas. Quero dar as grazas tamén a Acisa, por apoiar este evento, e tamén á Federación Galega de Ximnasia”.
O concelleiro de Deportes engadiu que “por parte do Concello seguiremos a colaborar en todos os eventos deportivos, con infraestruturas e tamén economicamente dentro das nosas posibilidades. É unha axuda importante para a economía de Ribadeo porque todos estes eventos deportivos que se fan, sobre todo durante estas épocas que non son tempada alta turística, benefician á hostalería e a ao comercio. Que veñan, como neste caso, case mil nenas a participar e as súas familias, é importante. Polo tanto aí estaremos apoiando o deporte base e estes eventos que dinamizan Ribadeo e axudan a que siga avanzando”.