Na presentación estiveron presentes Manuel Ángel Otero Legide, Alcalde do Concello de Mondoñedo; Manuel Tapia Rivera, concelleiro de deportes; Esperanza Meilán Cavaleiro, en representación da Federación Galega de Taekwondo; Montserrat Silva Rodríguez, representante da ONG Foxg1 coa que colabora a organización; pechando a lista en representación dos clubs organizadores Jansu e Biosbardo, Juan Carlos Quintana Domínguez.
Incidíuse da necesidade de contar cun campionato de carácter Feminino, donde a organización explicaba as premisas de dar máis visibilidade a muller, de contribuír a tecer camiños de igualdade no deporte en si, posto que sabemos que o Taekwondo a día de hoxe é considerablemente inclusivo pero que fai falla algo máis: anque temos unha gran participación feminina en distintos eventos da Federación Galega de Taekwondo, a diferencia de técnicos deportivos con relación ao xénero masculino debería estar parello.
Poñemos de manifesto o feito de non contar con determinados clubs participando, segundo nos indicaron, por non poder teren persoal técnico feminino ou mulleres delegadas na pista para acreditar ditas funcións, xa que é un dos requerimentos imprescindibles para participar.
Destacamos que nesta segunda edición da Copa Ibérica Feminina aumentou notablemente a participación, na primeira edición houbo unha participación dunhas 50 competidoras mentres que a día de hoxe estamos case nas 200 competidoras, cuadruplicando a inscrición.
A organización agradece a colaboración do Concello de Mondoñedo, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Federación Galega de Taekwondo, e aos demais colaboradores e patrocinadores, xa que son os pilares fundamentais para levar a cabo esta iniciativa e dar ó deporte feminino o empuxón que precisa, así como contribuír a fomentar o taekwondo na provincia e dinamizar a comarca mindoniense.