Mondoñedo, 17 de abril, 2023. Este luns, e na casa Consistorial do Concello de Mondoñedo, tivo lugar a presentación da II Copa Ibérica Feminina de Taekwondo, nas modalidade de técnica e combate, que se desputarán os días 29 e 30 de abril respectivamente, evento enclavado na festa das Quendas que se celebran esa mesma fin de semana en Mondoñedo.
Na presentación estiveron presentes Manuel Ángel Otero Legide, Alcalde do Concello de Mondoñedo; Manuel Tapia Rivera, concelleiro de deportes; Esperanza Meilán Cavaleiro, en representación da Federación Galega de Taekwondo; Montserrat Silva Rodríguez, representante da ONG Foxg1 coa que colabora a organización; pechando a lista en representación dos clubs organizadores Jansu e Biosbardo, Juan Carlos Quintana Domínguez.
Incidíuse da necesidade de contar cun campionato de carácter Feminino, donde a organización explicaba as premisas de dar máis visibilidade a muller, de contribuír a tecer camiños de igualdade no deporte en si, posto que sabemos que o Taekwondo a día de hoxe é considerablemente inclusivo pero que fai falla algo máis: anque temos unha gran participación feminina en distintos eventos da Federación Galega de Taekwondo, a diferencia de técnicos deportivos con relación ao xénero masculino debería estar parello.
Poñemos de manifesto o feito de non contar con determinados clubs participando, segundo nos indicaron, por non poder teren persoal técnico feminino ou mulleres delegadas na pista para acreditar ditas funcións, xa que é un dos requerimentos imprescindibles para participar.
Destacamos que nesta segunda edición da Copa Ibérica Feminina aumentou notablemente a participación, na primeira edición houbo unha participación dunhas 50 competidoras mentres que a día de hoxe estamos case nas 200 competidoras, cuadruplicando a inscrición.
A organización agradece a colaboración do Concello de Mondoñedo, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Federación Galega de Taekwondo, e aos demais colaboradores e patrocinadores, xa que son os pilares fundamentais para levar a cabo esta iniciativa e dar ó deporte feminino o empuxón que precisa, así como contribuír a fomentar o taekwondo na provincia e dinamizar a comarca mindoniense.