Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un veciño de Ribadeo, de 35 anos de idade, ao que lle consta unha requisitoria en vigor dimanante do Xulgado de Instrución nº 3 de Ferrol

Os feitos tiveron lugar este mércores en Mondoñedo, cando se procedeu á identificación dunha persoa que se atopaba no interior dun turismo sen itv e seguro en vigor, e ao constatar unha requisitoria en vigor procedeuse á súa detención.No marco da investigación impútaselle así mesmo un delito contra a seguridade viaria ao non obter nunca licencia ou permiso de condución. A persoa detida foi posta a dispor xudicial.

Exit mobile version