Site icon Crónica3.com A Mariña

A candidata popular de Viveiro, Mariña Gueimunde, moi satisfeita e agradecida polas numerosas suxestións que recibe para o programa no número de WhatsApp que habilitou para elo

Gueimunde desenvolve un intenso programa de reunións con distintos colectivos tanto na zona urbana como no medio rural

Viveiro, 1 de abril de 2023. O PP de Viveiro mantén unha intensa escoita activa dos veciños, tanto no núcleo urbano como no rural, para elaborar un programa electoral que dea respostas as súas inquedanzas e preocupacións. Unha parte destas suxestións son recollidas pola propia candidata á alcaldía, Mariña Gueimunde, en persoa, nas numerosas reunións que mantén cos distintos colectivos. A popular ten habilitadas tamén outras canles para que os veciños poidan facerlle chegar as súas propostas de maneira cómoda e rápida.

Unha das vías que mantén abertas Mariña Gueimunde para recoller as propostas dos veciños e o WhatsApp, no número 698 191884. A candidata popular está moi satisfeita da resposta dos cidadáns, que lle envían todo tipo de suxestións e poñen de manifesto problemas que precisan solucións.

Gueimunde agradece as aportacións e asegura que todas elas serán tomadas en consideración á hora de elaborar o programa electoral co que concorrerá ás próximas eleccións locais.

Exit mobile version