A intervención, que está previsto que se licite este verán, conta cun orzamento de máis 90.000 euros e poderá entrar en servizo a principios de 2024
A actuación suporá alongar a plataforma existente ao longo dos 300 metros, titularidade do organismo portuario, para situar na marxe dereita un carril-bici de 2,5 metros de ancho, habilitar aparcamentos e restaurar a calzada existente. Ademais, substituirase a iluminación actual por outro máis estético e eficiente, instalarase unha varanda de protección na zona da chaira que dá ao cantil e plantaranse novas especies arbóreas.
A Autoridade Portuaria sacará a licitación as obras este mesmo verán cun orzamento basee de 90.600 euros. A estimación é que os traballos comecen no outono deste ano cun prazo de execución de 3 meses, polo que a nova senda estaría dispoñible para a súa goce a principios de 2024.
Con esta intervención, o organismo que preside Francisco Barea reafirma o seu compromiso coa Mariña lucense, en concreto co municipio de Ribadeo. Ademais, a intervención supón unha aposta pola mobilidade sostible, a seguridade e a mellora da contorna, ao habilitar unha senda ciclabe da que poderán gozar tanto os veciños de Ribadeo como os visitantes, o que contribuirá á posta en valor dun espazo emblemático como é o Faro de Illa Pancha mellorando a accesibilidade na contorna.