Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste venres a Campaña do Dia da Nai con 600€ en premios

Viveiro, 27 de abril, 2023. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 600€ para gastar no comercio local nun só dia. Isto sí que é felicidade, ter 600€ e gastalos despreocupadamente nun dia! O dia para gastar o premio será no mes de maio ou xuño, a acordar ca gañadora, que terá mañá e tarde en horario comercial para gastar a totalidade do premio. Poderá gastalo tanto en comercios, como en servizos profesionais ou en Hostalaría.

Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€. Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 28 de abril ata o domingo 7 de maio. O sorteo realizarase o martes 9 de maio ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, e comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.

As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram

Exit mobile version