Foz, 21 abril 2023. Os concellos de referencia en Galiza polas súas políticas municipais, as transformacións urbanas e municipais de referencia, as experiencias municipais coñecidas e recoñecidas, son sempre concellos en que goberna o BNG. E a chave dese modelo é a autoestima e a confianza en nós como pobo. O #modeloBNG de política municipal mellora a vida das persoas, revitaliza os concellos e fai que a xente se sinta orgullosa de vivir na súa vila. Un modelo que ten un enfoque sólido: poñer as persoas no centro, desenvolver plenamente os concellos e os seus recursos e potencial, traballar con orgullo polo que somos.
O aval da experiencia e a oportunidade de renovación conxúganse nesta candidatura de 2023. Queremos un concello do que todos os veciños e veciñas se sintan orgullosas, un concello que desenvolva o seu potencial, que coide do seu patrimonio, que poña em valor os seus recursos, que aproveite ao seu favor o que o fai diferente e que poña no centro as necesidades da veciñanza.
0 BNG presentará o vindeiro domigo 23 de abril as 12 h, nos xardíns da Ribeira, o seu proxecto para Foz, con confianza no concello, capacidade e saber facer.