O goberno municipal adhírese a este movemento global apagando as luces da Porta de Carlos V e da Ponte da Misercordia entre as 20:30 e as 21:30 horas.
“Dende o Concello de Viveiro unímonos a este xesto simbólico que quere chamar a atención sobre o problema do cambio climático e nos recorda que vivimos nun estado de emerxencia planetaria ao que debemos dar solución entre todos”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. “Por iso convido tamén aos veciños e veciñas da vila a que se sumen nas súas casas a esta Hora do Planeta”, engade.
Baixo o lema deste ano, “Apaga la luz. Dale una vuelta al Planeta”, a Hora do Planeta 2023 volverá a converterse, como nos últimos 17 anos, na maior mobilización global na defensa do medio ambiente.