A alcaldesa, María Loureiro, eloxiou o cariño que Ben mostra cara a súa vila natal
Viveiro, 11 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro organizou esta mañá unha recepción ao deportista viveirense Adrián Ben, que acaba de proclamarse campión de Europa de 800 metros en pista cuberta. No acto, ademais dos representantes municipais, estiveron presentes veciños e veciñas, mostrando o seu aprecio polo atleta local.
Alén dos éxitos deportivos, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, eloxiou o cariño que Adrián Ben mostra cara a súa vila “presume de viveirense alá a onde vai e gañe o que gañe”.
“Ten talento e condicións, pero sobre todo ten espírito de traballo e ambición para loitar polos seus soños. Xente coma el e na que os tendes que fixar e a que tendes que admirar”, sinalou a rexedora durante o acto de recibimento ao atleta.
Adrián Ben foi nomeado recentemente fillo predilecto da vila de Viveiro, en recoñecemento á súa carreira deportiva e, en particular, aos seus éxitos nos Xogos Olímpicos de Tokio.
Aproveitando a recepción, Adrián Ben firmou unhas tarxetas conmemorativas confeccionadas polo Concello no que se recolle a exitosa traxectoria do atleta.