Viveiro, 9 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro organiza este sábado día 11, a partir das 13:00 horas, unha recepción na sala Multiusos a Adrián Ben, que o pasado domingo proclamouse campión de Europa de 800 en pista cuberta en Turquía.
O goberno municipal quere deste xeito reiterarlle ao atleta viveirense os seus parabéns por este novo éxito e amosarlle o cariño do seu pobo nun acto aberto a toda a veciñanza.
Tralo acto, Adrián Ben firmará a todos os que o desexen unhas tarxetas conmemorativas confeccionadas polo Concello no que se recolle a exitosa traxectoria do atleta.