Encontro difícil, con resultado axustado 1-2, ambos goles do Gran Capitán Lucho
Sábado 18 de marzo. Ás 17.30 horas desta tarde de sábado no Pavillón Ciutat de Castelló disputouse o Bisontes Castellón FS – Pescados Rubén Burela FS, partido da xornada 23 no que ambos equipos estiveron moi igualados pero que finalmente se levou o equipo mariñán cun resultado final 1-2.
Na primeira parte comeza apertando forte o equipo valenciano, cunha ocasión de Beto que se vai fóra e outra de David Señoret que detén Michal Kaluza. Vanse turnando as ocasións, un disparo de Lucho no minuto 9 tras un saque de esquina que detén o porteiro rival e posteriormente, no 10, outro paradón de Kaluza, que fixo un gran partido, tras un tiro de Titín. No minuto 12, Ramón Vargas encaixa o 1-0 nunha transición e un erro do Burela. A continuación o Pescados Rubén comeza a controlar o partido un pouco máis, creando ocasións para igualar o encontro e no minuto 15, nun saque rápido de estratexia, Lucho empata cun gol dende dentro da área tras un saque de esquina. Chega o descanso.
Na segunda parte o Burela domina un pouco máis o partido con balón pero mostrando pouca profundidade. Comeza cunha ocasión o Bisontes que envía a corner Kaluza e no minuto 3 do segundo tempo, de novo un grandísimo Lucho atopa o 1-2 tras un rexeite. O encontro mantense con poucas ocasións e bastante igualado. A falta de case tres minutos para o final o equipo de Manolín saca o porteiro-xogador e comeza a presionar buscando o empate. Con varias ocasións o Pescados Rubén defende con maestría a súa zona, cun porteirazo que salva varias ocasións, entre elas unha dobre parada no minuto 39 e un paradón dentro da área nos últimos segundos.
De novo os “pícaros” de David Rial acumulan outros 3 puntos asegurando a zona para os playoff e deixando a outros equipos a tensión de vivir os últimos partidos da tempada máis preto da liña vermella, contribuíndo a esas boas sensacións coas que hai que chegar á competición que decidirá o ascenso á Primeira Federación.
Ficha Técnica Bisontes Castellón FS – Pescados Rubén Burela FS
Bisontes Castellón FS: Marcos Ferreyra (P), Mauro, Beto, Titín, Ramón Vargas – cinco inicial -, Malawy, Gambín, Éric Castillo, Toni, Lorca, David Señoret (C), Carlos Gil (P).
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Lucho (C), Isma, Rikelme, David Pazos, – cinco inicial -, Nito, Pitero, Alberto, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).
Goles: Min.3 Ramón Vargas 1-0; min.15 Lucho 1-1; min.23 Lucho 1-2.
Equipo Arbitral: Xavier García Sánchez, Francisco Javier Marazuela Hernando, Cristian Grigore Calugar, Adriá Pla Merino.