Site icon Crónica3.com A Mariña

VIA Alfoz fará este sábado unha ofrenda floral para celebrar o Día Internacional da Muller

O acto, aberto a todo o público, será este sábado, 11 de marzo, ás 12:00 h na contorna do castelo de Castrodouro

Alfoz, 10 de marzo, 2023. VIA Alfoz organiza a novena edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O evento levarase a cabo mañá sábado 11 de marzo ás 12:00 horas nas inmediacións do Castelo do Castrodouro, “estando convidados todos os veciños e veciñas que libremente queiran participar neste acto que se iniciou de forma espontánea en 2015” tal e como apuntan desde VIA Alfoz.

Carmen Geada, Vogal de Igualdade da Dirección Executiva de VIA Alfoz, será este ano a encargada de ler un manifesto enxalzando o enorme traballo das nosas mulleres, recordando que o evento realízase “coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que traballaron por este concello, e ás que están a loitar polo futuro do seu pobo onde queren poder seguir traballando”. Posteriormente, depositaranse doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo do Castrodouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”, apunta Efigenia Maseda, Presidenta de VIA Alfoz.

Exit mobile version