Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa sufriu unha saída de vía por mor da neve na Fonsagrada

Ás 12 horas, o 112 Galicia recibiu o aviso deste accidente a través do sistema de comunicación de emerxencias do vehículo. Unha persoa resultou ferida nun brazo e foi trasladada en ambulancia ao centro de saúde da localidade. Instantes despois, os xestores do 112 contactaban coa implicada, quen indicou que sufrira unha saída de vía na LU-701 ao paso polo lugar do Acevo, en Monteseiro, e que precisaba asistencia sanitaria. Os servizos de mantemento das estradas comunicaron, á súa vez, que había máquinas quitaneves traballando na zona. O 112 tamén informou dos feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ao seu persoal a bordo dunha ambulancia, á Garda Civil de Tráfico e aos membros da Agrupación de Protección Civil da Fonsagrada.

Exit mobile version