Violeta Varela, alumna do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, realiza dous meses de prácticas no Hotel Restaurante Les Mimosas de Pont Aven na Bretaña Francesa. Durante dous meses, ata o 7 de maio, traballará na cociña do hotel-restaurante situado na pequena vila costeira de Pont Aven. Luc e Veronique, os propietarios do establecemento ofrecen aloxamento e uns horarios moi axeitados para a que, sen dúbida, está sendo unha boa experiencia e moi enriquecedora. Estas prácticas están subvencionadas polo programa Erasmus+ da Unión Europea na sua modalidade para ciclos superiores.
Unha alumna do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do IES de Foz realiza prácticas na Bretaña Francesa
Unha alumna do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do IES de Foz realiza prácticas na Bretaña Francesa
Relacionado
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros