Foz, 23 de marzo de 2023. AciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da campaña do día do pai, que se desenvolveu do 4 ao 19 de marzo.
O sorteo, que tivo lugar nas instalacións de Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Ao mesmo asistiron o concelleiro de Comercio de Foz, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segada.
As premiadas son as seguintes:
Tamara Suárez Peláez é a gañadora do vale de 500 euros. Ela fixo unha compra en Unique. E con 200 euros en vales de compra resultaron premiadas Julia Maseda Otero, que mercou en Decoraciones Pura; Elena Pérez López, en Clínica Maas Saúde; María Couto Amor, en Salai Campo; Pilar Campo Díaz, en Centro Óptico Elíseo, e Dulce María Joven Gómez, en Xoguetería Bahía.
Desde AciaFozCCA felicitan “ás gañadoras ás que animan a seguir apostando polo comercio de Foz” e agradecen tamén “a participación dos negocios locais nesta campaña do día do pai de 2023”.